23/05/13

Wood Stump x Fixed&Single



O colega Borja coñecido por frases épicas como -''Me da por culo'' ou -''Me come los huevos'' aparte de montar nas bicicletas de nenos que tanto nos gustan tamén dedica o seu tempo a traballar con madeira ou coiro. Neste video mostranos como foi o proceso de creación do cartel para a tenda Fixed&Single.
AQUI podedes seguir o seu traballo ou contactar con el.

DUB BMX Jam Barcelona



Jack (xefe de DUB BMX) foi moi intelixente unha vez máis e decidiu organizar a jam de de DUB na cidade xefa (flipei que na RIDEbmx referíanse a Barcelona coma Catalonia e non Spain) cando os X-GAMES tiñan lugar (pensade que todos os pros estaban na cidade, toda a xente que viña ver os pros; falábase dunhas 300 persoas)
O vídeo de Freedombmx é o máis completo ata o momento, con clips dos españois Vicente Candel, Kike Rico ou o Jaime Gonzaléz, ademais do Joan Pere aka JP que atrapa da peor maneira posible nese rail hop como podedes ver na foto superior. 4:20 minutos de vídeo editados con dub e clips moi tochos de todo o mundo. Ide aquí para velo.

Seamus Mckeon The Trip


Por algunha razón deixei pasar este post obrigado. A miña conxetura é que moitos destes clips estaban destinados a formar a parte do Seamus no vídeo de Subrosa G.U.T.I. (vede senón o primeiro clip onde sobrepoñen o logo de The Trip á pegata de Subrosa) e o beef resultante entre membros de ambos equipos terminou con este webvídeo para o noso pracer. Sempre é un exercicio de reflexión ver un vídeo do Seamus; xa sexa ver a complicación en clips aparentemente simples ou apreciar como expreme un spot máis alá dos límites dun rider medio. Moi engorilado tamén coa edición e a gravación do Miles que como sempre son impecables. ++

Ben Lewis ONE



Un dos riders máis emblemáticos de Liverpool que neste video se dedica a montar por diferentes spots da cidade dos Beatles. Moi guapo o feeble polo rail-muro e o manual no muro a ice e que a clave dos ice a hard e non dar un bote para disimular o fakie.
Como non, ningun bo día acaba sen cerveza DRDBeer.

21/05/13

Steven Hamilton interview


Dig fíxolle unha entrevista a Hamilton no Issue #92 da sua revista que agora publicou na súa páxina web. Hamilton e toda unha lenda, revolucionou o street e a min o seu estilo flípame.
Nesta entrevista fala da sua famosa entrevista no primer volumen de 'The Albion', dos tamaños de bicicleta que tuvo, de como deixou a bebida e moitas otras cousas... paga a pena botar un esforzo e leela.




Mediocre at best



''Full length video'' que se atópa no forno, nas manos do filmer Bobby Kanode.
Tras este proxecto, que sairá no outono deste ano, hai pros recoñecidos como Lahsaan, Eric Bahlman, Drew Hosselton, Troy Blair, Joey Motta e algúns mais.
Na miña opinión encántame que os full lenght videos volvan a cobrar importancia.